Músicas do mundo en voz de muller
Unha proposta limpa de artificios na que o fundamental é a excepcional voz de Uxía. Unha voz fermosa e serena, que foxe do virtuosismo exhibicionista e se fai transparente, para amosarnos unha artista madura, que comprendeu que non hai nada máis sofisticado que o esencial e que a voz é o único instrumento que nunca mente.