UXÍA

Uxía Trío

Un formato renovado da música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mezclando alalás con morna, fado e ritmos brasileños. 

Uxía Trío é un repertorio cheo de sabores e cores, luminoso e mestizo, froito do camiño nos seus máis de 35 anos de carreira nos que renovou a música tradicional conectándoa coas culturas atlánticas.

Ademais do seu trabalho, Uxía-o, dedicado ao poeta da montaña, Uxío Novoneyra, tamén se aproxima á música tradicional de Galiza e Portugal e a unha nova lectura da rica obra do Zeca Afonso, un exemplo e un modelo de como combinar as raíces e unha linguaxe propia. O compromiso e a beleza, o lirismo e a realidade.

Acompañada por Sèrgio Tannus e Santiago Cribeiro, no repertorio musical de “Uxía Trío” faise un percorrido pola poesía galega máis comprometida e clásica, Manuel María e Rosalía de Castro, aos que Uxía dedicou tres traballos discográficos.

A temática moi présente no seu traballo é o diálogo entre culturas, a defensa da identidade lingüística e a procura dun espazo para a voz da muller.