UXÍA

María Fumaça

María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida.

Os artistas convidan ao público a participar neste espectáculo a viaxar con eles no tren máis festeiro que nunca houbo nin houberá.

Nos seus vagóns, o ambente é sempre de festa porque se trata dunha viaxe entre amigos e amigas.

Todos os participantes levan un saquiño cheo de bo humor, de cancións-larpeira e ritmos-cariños, tamén auga fresca por si apreta a sede e unha boa dose de espíritu lúdico para viaxar a paso lento e sen destino certo.

O corazón dos pequenos e pequenas laterá nos vagóns deste tren musical a ritmo de muñeira, rumba, samba, rock y forró.