De tu casa a la mía é un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía de ambos autores con novas melodías que nos fagan coñecer máis a fondo a súa obra e tamén descubrir a profunda admiración que Lorca sentía por Rosalía, nesa unión norte-sur presente na súa poesía que, no caso de Lorca, terá a súa culminación ao escribir os Seis poemas galegos editados en 1935.
Uxía e Ruibal teñen xa unha ampla experiencia musicando poetas. Este traballo é un paso máis nunha historia de amizade e complicidade que quere seguir o camiño iniciado por Lorca de Granada a Santiago, selando esa irmandade e a proximidade de espírito e de ideais; poñer no centro o que nos une e non o que nos separa, tender pontes sobre os versos e a alma de dúas fguras universais.
Os dous proveñen da música popular ibérica que se proxecta ao mundo; son dúas voces que beben de todo ese acervo que Lorca e Rosalía trasladaron aos seus versos, que son pura musicalidade e inspiración. A música, de feito, tamén foi para eles un piar fundamental, inspirándose na súa vertente popular moitos dos versos que crearon.
“Los encuentros son una riqueza compartida que ensancha la propia voz individual. Como en el amor, el diálogo entre culturas permite sentirse unidos respetando la individualidad. Si hablamos de entendimiento cultural, del mestizaje, de los diálogos entre lo popular y lo culto, entre el presente y las tradiciones, Ruibal y Uxía nos han enseñado a oír a la vez los latidos de la tierra y las elaboraciones más estilizadas de esa emoción certera que persiguen las buenas canciones. El arte nos abres las puertas y las ventanas, nos solidariza, nos invita a entrar y salir de una casa a la otra.”
LUIS GARCÍA MONTERO