Dama da canción galega

Músicas do mundo en voz de muller

Proxectos

DE SEU

Rosalía pequeniña

Un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía.

A Uxío

Un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía.

Avenida Atlántica

Formato renovado da música tradicional galega, conectándoa coas culturas atlánticas, mezclando alalás con morna, fado e ritmos brasileños.

EN BOA COMPAÑÍA

De tu casa a la mía

Con Javier Ruibal

Enredadas

O jazz flamenco de Martirio, a voz atlántica de Uxía, a forza maña de Carmen París e a orixinalidade poética de A Pedreira reúnense para celebrar a madurez artística das catro.

Cantigas do Camiño

Con Germán Díaz

AMADRIÑADOS

Malvela

As Malvela

María Fumaça

Un proxecto musical de celebración da vida

OUTROS PROXECTOS MUSICÁIS

A música como ponte entre as culturas

 Activa politica e culturalmente, Uxía tamén colabora, compón, escribe, produce, dirixe e participa en ducias de proxectos artísticos. Idea, coordina ou dirixe varios espectáculos musicais colectivos, entre os que sen dúbida destaca Cantos na Maré, que despois de sete exitosas edicións en Pontevedra, no 2009 comezou unha nova andaina do outro lado do Atlántico, en Brasil.

Outros proxectos de Uxía son O cantar das mulleres, con María Joâo, Enma Pino, Leilía e Minela; O cantar das galegas, con Leilía; Son delas; De Les a Les, con Joao Afonso; Mar de mans; Sempre Abril; Afinidades para a Expo 98 de Lisboa, con Filipa Pais; Nai Terra, para o día de Portugal na mesma Expo, con convidados portugueses; Cantoras tabernarias para o Festival dos Abrazos, con Ugia Pedreira, Guadi Galego e Pedro Pascual; Natal dos simples, con Vozes da Radio e Malvela; Maruxía para a semana da filosofía de Pontevedra, con María del Mar Bonet; Son Delas, con Mercedes Peón, Rosa Cedrón, Ugia Pedreira, Susana Seivane, Guadi Galego ou Mª Manuela; Sereas, xunto con Mercedes Peón, Ugia Pedreira, Guadi Galego, Rosa Cedrón, Silvia Penide e Sonia Lebedynski; e varios con Malvela, como Contos e cantos no camiño portugués, Os maiosou Que o pano non me namora.

 Tamén participa en varios espectáculos, dentro e fóra de Galicia, como o programa As últimas Prima Donnas, que emitiu o Canal ARTE para toda Europa e no que tamén participaban Jessie Norman, Noa, Sheila Chandra; Ida e volta, con Verónica Codesal e Guadi Galego; Mulleres A Viva Voz, xunto a Amalia Rodrígues e María del Mar Bonet; O Cantar das Galegas, xunto ó grupo Leilía; O Cantar das Mulleres, con María Joâo, Enma Pino, Leilía ou Minela; Música per a l’Exili, con con Kepa Junkera, Eliseo Parra, Javier Ruibal, Maria del Mar Bonet, Refree e Sílvia Pérez; e varios espectáculos que afondan na súa vontade de manter unha man tendida cara a Portugal e a súa cultura, como Bailía das Frores, no Intercéltico de Porto, ou Sons da Fala e Sons da Lusofonía nos que participan músicos de Angola, Mozambique, Cabo Verde, Portugal e Brasil.

 Pluralidade, a diversidade e o diálogo entre as culturas son algunhas das constantes que se poden recoñecer na carreira musical de Uxía. Unha carreira que a levou a viaxar por lugares tan diversoso como Alemania, Arxentina, Austria, Brasil, Cuba, Bélxica, Escocia, Francia, Holanda, Italia, Uruguay ou os Campamentos de Refuxiados Saharahuis en Tinduf (Arxelia). E, por suposto, os países da lusofonía, nos que exerceu en numerosas ocasións como embaixadora da cultura galega.

OUTROS PROXECTOS ARTÍSTICOS

O compromiso como alento creativo

 Xa dende os primeiros noventa, Uxía participa activamente na vida cultural de O Porriño e Santiago de Compostela e colabora en distintos medios de comunicación. No Porriño exerce como programadora musical do espacio cultural “Liceum”, preside a “Asociación Cultural do Louro”, dirixe a revista local “O Tranvía” e conduce e dirixe o programa musical “Babia” en Radio Ecca Cultural. Escribe artigos de opinión en diferentes revistas especializadas e xornais, como Interfolk, Tempos Novos, Biblos, Xornal de Galicia ouLa Voz de Galicia. Ademais, é un referente musical para os medios públicos galegos. Na Radio Galega, dirixe o programa Outras Músicas; mantén a sección “A Mala de Uxía”, no programa Aberto por reformas, dirixido por Xurxo Souto; e a máis a sección de crítica musical do Diario Cultural. Na Televisión de Galicia, exerce como asesora musical do programa Alalá.

 Tamén compón ou intervén na banda sonora orixinal de media ducia de proxectos audiovisuais, como Río de Sombras, Minas, Lobos, Abrígate ou Que culpa tiene el tomate e participa na creación literaria colectiva Polifonía, xunto con Marilar Aleixandre, Marica Campo, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Emma Couceiro, Marta Dacosta, Lupe Gómez, Margarita Ledo Andión, Antía Otero, Chus Pato, Ugia Pedreira, Ana Romaní, Marga Doval e Helena Villar Janeiro.

Uxía estudiou Filoloxía Románica no Colexio Universitario de Vigo e na Universidade de Santiago de Compostela e ao longo destes anos ten participado en diversas experiencias pedagóxicas. Fala sobre a Historia recente da Música Galega: de Voces Ceibes á actualidade na Universidade de Vigo, en institutos, en colexios, en Concellos e en asociacións culturais; participa activamente nas Xornadas Galegas da Lingua, no congreso Galego no Mundo, Latim em Pó celebrado en Santigo de Compostela como colofón da Capitalidade Europea da Cultura e máis en Catro pingas de país. Foro de cultura e ciencia en Galicia. Colabora en varios cursos de galego para estranxeiros e en varios cursos de iniciación á música popular para a Asociación Sociopedagóxica Galega e é monitora de cantos populares en diversas asociacións veciñais de Vigo e O Porriño. Destas experiencias xurden as Cantadeiras do Berbés e Malvela. Sempre á procura dun espacio para a voz, para a sensibilidade, para o feminino plural, leva a cabo diversos proxectos nos que a muller e a tradición foron a base do seu traballo, como Son Delas, Sereas ou O cantar das mulleres.