O VI Festival de Cans acolleu na súa primeira xornada de programación oficial a presentación do videoclip de A Lira realizado polo recoñecido director galego Mario Iglesias.
As evocadoras imaxes creadas por Mario Iglesias para este tema encheron o xoves 21 de maio o Tubulart de O Porriño co “doce soño das impresións da vida mergullándose no abrazo final do mar”, en palabras do autor da peza. A Lira convírtese, da man de Mario Iglesias nun “xogo da oca como mapa de ruta mentres se escoita, en versos cantados, un diálogo coa morte”.