español | english

Putumayo inclúe a “Danza Ritual” no seu último compilatorio

05 de Outubro de 2009

Putumayo España

O selo neoiorquino Putumayo, especializado na produción de espléndidos compilatorios sobre músicas do mundo, acaba de lanzar un volume dedicado a España que recolle once temas doutros tantos artistas no que eles definen como “unha mostra da saborosa paella musical que é a música española actual”. Unha mostra na que inclúen a “Danza Ritual” do Eterno Navegar de Uxía.

O compilatorio, que tira cara a sons suaves, inclúe temas de Peret, Gertrudis, DePedro, Burguitos, Calima, Gossos con Dani Macaco, O Combolinga, Uxía, Xabier Lete, Gecko Turner e Biella Nuei.

España, de Putumayo, está distribuído por Karonte.


O ‘Eterno Navegar’ de Uxía chega a Brasil

30 de Setembro de 2009

CNM Brasil 09

Uxía viaxa por catro estados brasileiros co seu último disco, Eterno Navegar, despois do éxito acadado polo espectáculo Cantos na Maré, que pechou onte o V Encontro de Negócios na Língua Portuguesa. O Spirito Jazz de Vitoria (Espirito Santo) será o primeiro porto no que recale Uxía co seu último traballo, os día 2 e 3 outubro. Despois, xa o día 12, participará na Festa da Música de Belo Horizonte (Minas Gerais) e o 14, no Grazzie a Dio de São Paulo. Finalmente, os músicos brasileiros Fred Martins, Paulo Rafael e Sérgio Tannus acompañarán a artista galega nas últimas actuacións da xira, o 15 de outubro no Teatro Uff de Niteroi e o día 19, na sala Sidney Miller de Funarte, en Río de Janeiro.

Da man do pianista e compositor das Illas Azores, Paulo Borges, a voz de Uxía percorre neste seu Eterno Navegar camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos que se mesturan en 15 temas baixo a súa melodiosa voz e o seu estilo intimista. O Atlántico impregna a personalidade deste traballo, un paseo polos ambientes e ritmos destes territorios partindo da música e a poesía de Galicia. Contando, cantando e sumando voces á súa propia, emprende unha travesía na que nos fai sentir desde as brisas mariñeiras, arrecendos e sabores salgados de Cabo Verde, ata a soidade da Costa da Morte. Con esta mestura visitará Uxía o Spirito Jazz de Vitoria (Espirito Santo) os día 2 e 3 outubro, a Festa da Música de Belo Horizonte (Minas Gerais) o día 12 e o Grazzie a Dio de São Paulo o día 14.

Con Uxía participaron nesta rica viaxe numerosos colaboradores, músicos galegos, portugueses, africanos e brasileiros nunha conxunción inaudita e moi saborosa. Nas cancións sobrevoan moitos dos meus referentes: a voz telúrica de Santalices e, na súa zanfona, a esencia ancestral da música galega. As palabras de Caetano Veloso coa súa sedución sinuosa e cálida, a voz trémula do Zeca Afonso, a beleza do esencial e a cadencia de Cesária Évora… todos e cada un deles foron fonte de inspiración e alimento reconfortante para a alma deste disco. Así, temas como “Danza ritual”, “As nosas cores” ou “Eterno navegar” son extremadamente ricos nestes singulares contrastes. A xira de presentación brasileira do Eterno Navegar contará coa achega dos músicos brasileiros Fred Martins, Paulo Rafael e Sérgio Tannus, que acompañarán a Uxía o 15 de outubro no Teatro Uff de Niteroi (Rio de Janeiro) e o día 19, na sala Sidney Miller de Funarte, en Río de Janeiro.

Navegar ao sabor das ondas dun mar que une, emprender un “eterno navegar” para sentir brisas e sabores mariñeiros, viaxar polo verde Miño e polo deserto, polo día luminoso e polo solpor. Uxía conxuga á perfección o compás dos tambores coas doces melodías galegas. Unha experiencia única na que o fado, o alalá e a morna fúndense para destilar un perfume único.

As datas:
Día 2 e 3 Outubro. Spirito Jazz. Vitoria (Espirito Santo)
Día 12 Outubro. Festa da Música. Belo Horizonte (Minas Gerais)
Día 14 Outubro. Grazzie a Dio. São Paulo (São Paulo)
Día 15 Outubro. Teatro Uff. Niteroi (Rio de Janeiro)
Día 19 Outubro. Sala Sidney Miller, Funarte. Rio de Janeiro (Rio de Janeiro)

A imaxe pertence ao Cantos na Maré celebrado en Fortaleza. Autor: Fabio Lima.


Cantos na Maré en Brasil

28 de Setembro de 2009

CNM Brasil 09

O teatro José de Alencar de Fortaleza (Brasil) acolle esta noite o ensaio xeral do espectáculo Cantos na Maré, que naceu en Pontevedra o ano 2003 e que se estreará do outro lado do Atlántico mañá, día 29 de setembro, ás 20h, no marco do V Encontro Empresarial de Negocios na Lingua Portuguesa, que reúne a 1800 empresarios da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP). Na súa edición brasileira, Cantos na Maré conserva a dirección artística de Uxía, creadora do formato orixinal, quen compartirá a experiencia co artista local Cacau Brasil. A dirección musical será responsabilidade de Paulo Borges, como vén sendo habitual, quen traballará man a man con Paulo Rafael.

Cantos na Maré é unha singular aposta cultural: trazar a través da lingua, da música, dos ritmos e dos sons un mapa común entre os territorios da lusofonía. CNM é unha iniciativa de aproximación de culturas e do fomento da diversidade, da interacción e da apertura de oportunidades á creación artística e ao intercambio. O espectáculo musical, baseado na investigación e no enriquecemento, representa un dos eixes básicos da estrutura do proxecto. Este intercambio cultural activo é a base da filosofía, resultando un produto musical exclusivo de altísima calidade artística e humana.

Cantos na Maré é un proxecto de aproximación de culturas unidas pola lingua, unha ponte que permite un coñecemento mutuo liberado de prexuízos e cunha clara vocación de expansión e divulgación da cultura galega no contexto da lusofonía. A pretensión é fomentar a diversidade, que abre novas oportunidades de proxección aos creadores. O formato anovador do proxecto, baseado no traballo previo da construción colectiva, onde artistas de diversas orixes conviven e preparan un repertorio exclusivo, é un dos alicerces da filosofía do festival tomando como base o intercambio cultural activo.

Como resultado de todos estes anos, esta previsto que Cantos na Maré volva a finais de ano ao Palacio da Cultura. Pero antes o festival recala do outro lado do Atlántico cunha edición de Cantos na Maré Brasil na que intervirán algúns dos mellores cantantes e compositores dos países que conforman a CPLP (Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique, Portugal, Santo Tomei e Príncipe e Timor Oriental).

Uxía, dirección artística
A emoción e a experimentación musical son dúas constantes na vida de Uxía.

O contacto e aprendizaxe doutras culturas marcan a súa traxectoria de máis de vinte anos. Galicia e a súa imensa riqueza artística, as súas voces femininas e a súa poesía acompáñana no seu traballo desde a raíz. Esta tradición medra fluíndo con territorios portugueses, brasileiros e africanos, o que deriva nun son plural, íntimo, cálido e fresco no que se recoñece.

O Atlántico é un horizonte que lle fala para ela expresarse máis alto e máis claro. No seu último traballo, Eterno Navegar, a incansable artista galega percorre camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos que se mesturan na súa voz melodiosa e intimista. Unha voz que nos transporta a través dun océano de músicas de ida e volta até portos de esperanza, de amor e desamor, de compromiso, tenrura e alegría.

Paulo Borges, dirección musical
Naceu a 25 de xuño de 1975 na illa de San Jorge nos Azores. Iniciou o seu percorrido como autodidacta no inicio dos anos 90 integrando O Cantinho da Terceira, un proxecto de música tradicional liderado por Luís Bettencourt con quen percorre varios festivais en países europeos (Alemaña, Luxemburgo, España, Portugal, Noruega), EUA, Canadá e Brasil.

En 1997, tras unha breve pasaxe polo Hot Club de Portugal, é convidado pola Dirección Rexional da Cultura dos Azores para traballar como asistente de dirección musical da Opereta Illa Décima, representante da rexión na Expo 98. De seguida frecuenta o curso de música e novas tecnoloxías da EPMA e estuda composición durante dous anos so a orientación de Luís Tinoco.

Desde entón, ten participado como músico ou director musical en varios proxectos desde bandas sonoras para teatro (Alpendre, Non obstante, TrigoLimpo Acert) e televisión (Xente Feliz con Bágoas) aos concertos e discos con varios artistas entre os cales: Suzana Coello, Carlos Medeiros, Piar, Marta Plantier, Clay, Balla, Bullet, Plástica, dR EstranhoAmor, Entre Aspas, João Afonso, Fillipa Pais, Coro dos Tribunais, Zeca Medeiros.

José Amaral
Cantante autodidata, José Amaral asegura que “o que me levou até onde estou foi a necesidade de divulgar a loita a través da cultura”. Responsable cultural e consular da embaixada de Timor Leste en Lisboa, Amaral considera que a música é o seu xeito de facer política e exércea a través dun instrumento tradicional chamado Lakadou.

Manecas Costa
Cantante, compositor e virtuoso guitarrista de Guinea Bissau, Manecas Costa é unha das mellores novas voces africanas. A súa música está fortemente ligada ás ricas tradicións da súa terra, que complementa cunha absoluta contemporaneidade. Guitarrista, baixista e posuidor dunha voz carismática e sensual, Manecas é tamén o autor das súas propias composicións, nas que denuncia tanto a situación do seu pobo como os problemas dos menos afortunados, como as mulleres e os nenos.

A súa forma melódica e virtuosa de tocar a guitarra converteuno nun dos máis destacados músicos de África. A súa proxección internacional veu auspiciada polo Festival Decouverte de Radio France International. Do 95 ao 98 foi guitarrista de Waldemar Bastos e colaborou estreitamente co músico caboverdiano Bana. Pouco despois, en 1999, editou Fundo de Matu, enteiramente producido en Lisboa con importantes colaboracións do mundo musical portugués e africano.

O seu segundo traballo, titulado Paraiso di gumbe, acústico e eléctrico á vez, explora o sonido salvaxe e vibrante de Guinea Bissau interpretado coa inimitable forma de cantar e tocar a guitarra de Manecas Costas que o convirte nun dos máis orixinais e creativos artistas do seu país.

Paulo Flores
Un dos músicos máis populares de Angola, as letras de Paulo Flores celebran a vida, refliten o día a día do país, a paz recentemente conquistada, sen esquecer os problemas que aflixen a maior parte da poboación. A súa música técese con ritmos locais como o semba. Con máis de 16 anos de carreira artística, Paulo Flores ten no mercado os discos Xé Pobo, Recompasso, Preto do Fin, Brincadeira ten Hora e Paulo Flores ao vivo, este último é un proxecto que reúne os mellores temas de súa autoría gravados ao vivo hai dous anos en espectáculos realizados no cine Karl Marx, en Luanda.

Raquel Tavares
Raquel Tavares vive onde vive o seu fado. Canta o que ve, sente e cheira. E nada lle enche máis as medidas que as historias reais e palpables escritas pola man de Linhares Barbosa, o poeta do fado que mellor narraba as voltas do pobo. Mais se Raquel Tavares vive e canta Alfama, a súa música apunta ao mesmo tempo para outra xeografía. Unha xeografía interior que traza o seu percorrido musical, de nena que cantaba por graza a muller que só pensa grazas a cantar. Gañadora do Premio Relevação Amália Rodrigues no 2006, Raquel Tavares xa non é só unha voz que promete moito.

Timbila Muzimba
Timbila Muzimba é unha das formacións máis frescas e innovadoras da África actual. A súa música convértese nunha mensaxe positiva de loita contra a pandemia da SIDA no seu continente ou contra as desigualdes sociais. Para eles, a timbila, malia a súa ancestralidade, constitúe unha revolución musical.

Timbila Muzimba presenta o seu novo traballo “Warethwá” gravado recentemente en Maputo, e despóis do gran éxito acadado polo seu espectáculo nunha das máis prestixiosas salas de concertos de Portugal: a Casa da Música de Porto. Dez anos de afirmación da sonoridade de fusión cultura musical chope, ca timbila como máximo exponente, –a timbila é un instrumento tradicional do sur de Mozambique- con ritmos tradicionais doutros puntos de Mozambique, e outras influencias do momento actual. Sempre ca forte marca da inspiración frenética, rica e profunda das terra de Zavala e aceitando desafíos de interpretación e de mistura poética e melódica no universo da World Music.

O gran escritor Mozambicano, Mía Couto, describiunos cómo incendiarios que cantan e danzan festexando a vida . Coa súa forza é orixinalidade trasladan ao mundo de hoxe a riqueza antiga dun dos patrimonios da humanidade recoñecidos pola UNESCO: a Timbila.

Tito Paris
Compositor, cantante e guitarrista, Tito París respira a alegría da música. O seu traballo celebra o mellor de dúas culturas: as mornas, coladeras e funanás de Cabo Verde. Cada espectáculo de Tito Paris é unha celebración que non deixa ao público volver desinteresadamente á rutina das súas vidas.

Tonecas
Cantante e guitarrista cunha voz moi forte e melodiosa, a súas cancións teñen como base a música tradicional de Sao Tomé e Príncipe, con mesturas do jazz e do blues. Está radicado en Portugal hai algúns anos, onde ten efectuado diversos concertos e representa o seu país nas actividades diplomáticas dentro e fóra de Portugal. A ússua, rumba, socopé e a dexa son estilos musicais da súa terra que dan forza ao seu repertorio, onde imprime un ritmo frenético á guitarra e unha boa comunicación co público.
Mentor e coordinador de varios proxectos musicais de solidariedade, tales como Todos diferentes/ todos iguais, álbum que fixo a produción executiva e tivo a participación de grandes nomes da musica lusófona, e Macau Xunto para Sempre, álbum editado en Macau e Hong Kong que contou con participación de artistas de varias nacionalidades en homenaxe a pasaxe do territorio para a administración Chinesa.


Cantos na Maré chega a Brasil da man de Uxía

24 de Setembro de 2009

Cantos na Maré, Pontevedra 2008

O teatro José de Alencar de Fortaleza (Brasil) acollerá o próximo día 29 de setembro a partir das 20h o espectáculo Cantos na Maré, creado por Nordesía no 2003 e que dende aquela se celebrou con éxito cada decembro en Pontevedra. Na súa edición brasileira, Cantos na Maré conserva a dirección artística de Uxía, creadora do formato orixinal, quen compartirá a experiencia co artista local Cacao Brasil. A dirección musical será responsabilidade de Paulo Borges, como vén sendo habitual, quen traballará man a man con Paulo Rafael.

Compartirán escenario con Uxía e Paulo Borges, ademais de Cacau Brasil, o guitarrista Tito París, de Cabo Verde; o cantante Tonecas, de San Tomé e Príncipe; José Amaral, do Timor Leste; o compositor e guitarrista Manecas Costa, de Guinea Bissau; Paulo Flores, de Angola; Timbila Muzimba, de Mozambique; e a fadista Raquel Tavares, de Portugal. O show será o resultado dun intenso intercambio cultural entre os músicos, que comezaron o pasado luns a súa convivencia artística.

Xuntos, os artistas presentarán un repertorio que vai abranguer os diferentes ritmos e sons de cada país, ademais de presentar novas composicións, creadas especialmente para celebrar este encontro único. Cantos na Maré viaxa á outra beira do Atlántico coa intención de amosarlles aos participantes do evento e ao público brasileiro a beleza que constitúe a mestura de influencias sonoras e culturais destes países tan diferentes e, sen embargo, unidos pola mesma lingua e raíces culturais.

Cantos na Maré Brasil enmárcase no V Encontro Empresarial de Negocios na Lingua Portuguesa, que reúne a 1800 empresarios da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP). O espectáculo musical, baseado na unión da cultura destes países, representa o eixo básico da programación cultural do encontro empresarial, xunto coa mostra de cinema, exposición de fotografías e lanzamento de libro nas dependencias do Teatro Celina Queiroz da Unifor.

O espectáculo será gravado, co apoio do Goberno do Estado do Ceara, nun CD promocional, con imaxes dos mellores momentos do show.


A corrente Atlántica chega a Sines

23 de Xullo de 2009

O Eterno Navegar de Uxía chegou onte o Festival de Músicas do Mundo de Sines, cunha tripulación excepcional. Ademais da banda, dirixida como é habitual por Paulo Borges, acompañaron a Uxía sobre o escenario Guadi Galego (Galiza), Zeca Medeiros ( Portugal) e Manecas Costa (Guiné Bissau). A choiva decidiu parar cando a corrente Atlántica subiu ao escenario, arroupada por un público heteroxéneo, novo e animado, que participou con enerxía no concerto. Do alalá ao fado, da morna á música tradicional das Açores, o concerto de onte foi máis que nunca un lugar onde sopra a brisa da grande música do Atlántico lusófono.

Próximas citas
Tones on the Stones (Trontano, Italia)
30 de xullo, ás 22h, na Cava Storica

Festival Coumboscuro (Cuneo, Italia)
1 de agosto, ás 21h, na igrexa da comuna de Monterosso Grana
2 de agosto, ás 21h, na Terme de Vinadio da comuna di Vinadio


Videoclip de A Lira

22 de Maio de 2009

O VI Festival de Cans acolleu na súa primeira xornada de programación oficial a presentación do videoclip de A Lira realizado polo recoñecido director galego Mario Iglesias.

As evocadoras imaxes creadas por Mario Iglesias para este tema encheron o xoves 21 de maio o Tubulart de O Porriño co “doce soño das impresións da vida mergullándose no abrazo final do mar”, en palabras do autor da peza. A Lira convírtese, da man de Mario Iglesias nun “xogo da oca como mapa de ruta mentres se escoita, en versos cantados, un diálogo coa morte”.


La voz que mejor expresa uno de los acentos de la galeguidad actual

27 de Abril de 2009

Uxía, la voz que mejor expresa uno de los acentos de la galeguidad actual, podría, de haber vivido la época de la emigración; ser una notable cantante de tangos y milongas en algún boliche o teatro rioplatense. Vaste con imaginarla dado su arresto y voz limpia, llena de fuerza y a la vez mesura. A sus veinte años sobre los escenarios, se acerca con un disco Eterno navegar (Harmonía Mundi. World Village. 2008) , avalado por un directo que supera todas las espectativas, bajo la dirección musical del pianista azoriño Paulo Borges. Uno de los sentidos de Eterno navegar ha sido homenajear al Atlántico como punto de coincidencia entre no pocas culturas lusófonas. Uxía desgrana canciones suyas y musicando a poetas gallegos consagrados como Curros Enríquez o Celso Emilio Ferreiro. También da lugar a voces actuales; todas mezclando ritmos, primando lo natural, lo tribal que en ella se hace fácil y evidente. Aunque Uxía vistiera aquella noche un bello vestido negro de una diseñadora viguesa, se comportó con la naturalidad de siempre, sin parar decontonearse como si de una romería dominical se tratara. Invitó junto a sus músicos portugueses y galegos a tres de sus hermanos para patentizar de dónde le viene el amor a la canturía, a la tierra, a la alegría por vivir. Pero la apuesta de esta inquieta músico e investigadora, insiste en posicionar a Galicia en el panorama cultural como se mercece. La Galicia de Uxía es sin demagogias ni artificios un espacio de intercambio, de modernidad, de toma y daca, de mujeres luchadoras y de grandes poetas que seguirán escribiendo para los de hoy día. De viajes a Cabo verde, a Portugal, a América. Terminó cantando a capella, cerca del público que coreó y bailó el estribillo de As nosas cores, “As mulleres cantan xunto ao mar …tecen reces de corais. Uelé, uelé, uelé”… Dedicada a las féminas que luchan a diario en todas las tierras. Eterno navegar y su espectáculo, representan una visión optimista e integradora que acontece desde un tiempo a esta parte por estos lares. Recordó los tiempos del movimieno social Nunca Mais con Nalgures, con letra de Marica Campos y música suya. Alabó cómo entonces la unión les dio la fuerza para reinvindicar y convertir en positivo algo nefasto. Habló de que esta crisis no podrá con nosotros, ni siquiera la muerte; como rezaba un viejo tema folkclórico. Uxía reinventa en Alalá de Muxía, un canto tradicional de la Costa da morte gallega adaptado por ella y Paulo Borges, su cómplice. Eu en ti, “ El mejor poema gallego de todos los tiempos, de Celso Emilio Ferreiro” constituye una daga, metidos como estamos entre sus zarpas. Le inspira el cinematógrafo en A quimera, con su coloquial estribillo: “ti faz preguntas”; en clave rithm&blues. Uxía representa con su disco Eterno navegar, y su trayectoria, a todo un colectivo de artistas que colaboran e interactúan bajo el título de Nordesía. Los mencionó a todos, uno por uno. Es muy evidente durante el directo el quehacer creativo de sus acompañantes (piano, contrabajo,acordeón, trompeta); los cuales han amasado cada materia de este entrañable viaje. Inesperadamente, volviendo al pasado de forma jocosa, se arrancó con la curiosidad de un tango milonguero archiconocido. Garufa, escrito por un gallego según su propia explicación. El público la aplaudió a rabiar, a Uxía, quien como una meiga extraía su voz tanto del centro de la tierra, como la susurraba para hacernos eternecer.

Jamila Castillo
Música Babel | Centro Cultural Caixanova
17 de abril, 22.30 h | Vigo

+ info: B-Ritmos


O ‘Eterno Navegar’ de Uxía chega mañá ao Centro Cultural de Caixanova en Vigo

16 de Abril de 2009

O Eterno Navegar de Uxía chega mañá a Vigo. A cantante de Mos presenta no Centro Cultural Caixanova o seu último traballo, un disco preciosista, delicado e rítmico co que Uxía emprende unha intensa travesía polas costas atlánticas. A cita será ás 22.30h e as entradas pódense comprar a través da taquilla online de Servinova.

Uxía é a voz de referencia na canción galega dende hai máis de 20 anos e, neste tempo, non parou no seu afán por renovar a música tradicional e por aproximala a outras culturas. O seu último traballo é froito da continua busca de novos horizontes desta cantante e compositora. Nel, as raíces galegas conviven cos cantos portugueses e africanos de maneira natural, innovadora e vangardista. O resultado son quince temas cun estilo moi persoal, que percorre as sonoridades atlánticas, fundindo o fado, o alalá ou a morna.

Eterno Navegar é un disco de autora no que conviven letras propias con poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Marica Campo. É un traballo de madurez vital, repleto de sensibilidade, que amosa abertamente a plenitude serena da artista, para quen “a música, a arte e a vida son un todo e, medrar, un eterno navegar”.

O son e os arranxos de Paulo Borges, a voz de Uxía e o traballo conxunto dunha banda excepcional formada polo propio Paulo Borges no piano, Santi Cribeiro co acordeón, Xacobe Martinez co contrabaixo, Quiné na batería, Jon Luz co cavaquinho e Rúben Santos co trombón conseguen, ademais, que o directo reflicta a forza que transmite o disco, considerado pola crítica internacional como “único”, “rebuldeiro” e “cheo de deliciosas sorpresas”. Un dos temas do álbum, Rumores de Falúas, vén de gañar os Premios da Música 2009 e a prestixiosa revista Songlines sitúa este Eterno Navegar que se presenta mañá en Vigo entre os “top of the world álbum”, calificándoo como “un disco marabillosamente traballado que non se pode pasar por alto”.

Música Babel | Centro Cultural Caixanova
17 de abril, 22.30 h | Vigo


Uxía participa no concerto Música per a l’Exili que terá lugar mañá no Auditori de Barcelona

15 de Abril de 2009

Santiago, 15 de abril de 2009.- O Auditori de Barcelona acolle mañá pola noite o concerto Música per a l’Exili, no que participará Uxía, xunto con Kepa Junkera, Eliseo Parra, Javier Ruibal, Maria del Mar Bonet, Refree e Sílvia Pérez, baixo a dirección do músico catalán Pau Guillamet Guillamino e do último Premio Nacional de la Música de Chile, Manuel García.

O repertorio, construido a partir da poesía de Joan Oliver, Pablo Neruda, Víctor Jara e Lluís Llach, complétase coas achegas de cada un dos participantes para conformar unha “contribución artística en homenaxe a todos os que sufriron a perda e o sentimento de estranxeiría lonxe da súa terra”. Este mes de abril cúmprense 70 anos do final da Guerra Civil e, con el, do comezo dunha das etapas máis duras da historia do Estado español, co exilio de miles de republicanos. Música per a l’Exili é “música que fala da traxedia do exilio, pero tamén de solidariedade e esperanza”.

De volta en Galicia
Á volta do concerto homenaxe, Uxía actuará no Centro Cultural Caixanova de Vigo o venres 17 ás 22.30h, onde presentará o seu último traballo discográfico, Eterno Navegar xunto con Paulo Borges no piano, Santi Cribeiro co acordeón, Xacobe Martinez co contrabaixo, Quiné na batería, Jon Luz co cavaquinho e Rúben Santos co trombón.

Música per a l’Exili
Formación instrumental:
Guillamino, composición, voz, guitarra, harmonium e ordenador
Manuel García, composición, voz e guitarra
Alejandro Soto, harmonium, piano, teclados e acordeón
Miquel Sospedra, baixo eléctrico
Jordi Rudé, guitarra eléctrica
Sisu Coromina, saxo e percusións
Toni Moina, bateria e percusións

Solistes e cantantes convidados:
Uxía (Galicia)
Kepa Junkera (Euskadi)
Eliseo Parra (Castilla León)
Maria del Mar Bonet (Baleares)
Javier Ruibal (Andalucía)
Sílvia Pérez Cruz (Cataluña)
Refree (Cataluña)

Dirección artística:
Manel Montañés

+info:
http://www.auditori.com/seccions/programacio/fitxa.aspx?idconcert=1247&cicle_id


Recently Galician diva Uxía’s World Village release, “Eterno Navegar” came my way. Contributed by: Patricia Herlevi World Music Central

30 de Marzo de 2009

The Celtic Wave of Galicia, Music from Northwest Spain - Part I

I fell in love with it first listen. This recording brings out another side of Galicia that I had not heard before which combines influences from its Portuguese neighbor (Uxía’s vocals even take on a fado singer quality at times), including fado and West African sounds, rhythms, and moods.
If there are any bagpipes appearing on this recording, I don’t recall hearing any. In fact, I thought Uxía was Portuguese when I first heard her sing and I was reminded of a favourite fadista of mine, Cristina Branco. I could have started off this article with a quote by Uxía from her album.
“Sailing while savoring the waves of the sea that draws closer and mingles currents, counting, singing and adding voices…the salty scents and tastes of Cape Verde and even the solitude of Costa da Morte in Galicia; to travel down the green Miño and the desert on a bright day and at dusk; to play the sweet Galician melodies to the rhythm of African drums distill a unique perfume that merges fado, alalá and morna.”
But if I had started off with such a luscious quote, would I need to sit here and try to describe this global musical stew, that is on one hand unique and on the other hand, so familiar to my ears? Uxía has not just opened a door for me, she set loose the flood gates and my appetite for Galician music has just begun…

http://worldmusiccentral.org/article.php/Celtic_Wave_of_Galicia_part_1


« Older Entries Newer Entries »