español | english

Archive for Marzo, 2009

Recently Galician diva Uxía’s World Village release, “Eterno Navegar” came my way. Contributed by: Patricia Herlevi World Music Central

Luns, Marzo 30th, 2009

The Celtic Wave of Galicia, Music from Northwest Spain - Part I

I fell in love with it first listen. This recording brings out another side of Galicia that I had not heard before which combines influences from its Portuguese neighbor (Uxía’s vocals even take on a fado singer quality at times), including fado and West African sounds, rhythms, and moods.
If there are any bagpipes appearing on this recording, I don’t recall hearing any. In fact, I thought Uxía was Portuguese when I first heard her sing and I was reminded of a favourite fadista of mine, Cristina Branco. I could have started off this article with a quote by Uxía from her album.
“Sailing while savoring the waves of the sea that draws closer and mingles currents, counting, singing and adding voices…the salty scents and tastes of Cape Verde and even the solitude of Costa da Morte in Galicia; to travel down the green Miño and the desert on a bright day and at dusk; to play the sweet Galician melodies to the rhythm of African drums distill a unique perfume that merges fado, alalá and morna.”
But if I had started off with such a luscious quote, would I need to sit here and try to describe this global musical stew, that is on one hand unique and on the other hand, so familiar to my ears? Uxía has not just opened a door for me, she set loose the flood gates and my appetite for Galician music has just begun…

http://worldmusiccentral.org/article.php/Celtic_Wave_of_Galicia_part_1

Galician chanteuse offers beach-warmed songs with elegant arrangements

Luns, Marzo 30th, 2009

MONDAY, MARCH 23, 2009
Eterno Navegar
World Village/ Nordesia (worldvillagemusic.com)

It’s -6° F in Cleveland as I write this. Eterno Navegar gave me a little over an hour’s holiday from the bone-biting cold here on America’s North Coast. It’s a breezy collection (just try writing a review of an Uxia CD without using the word breezy; it can’t be done) of beach-warmed songs with elegantly light-handed arrangements. A little samba, a little fado, a little tango, a little cabaret, all wrapped in gauzy layers of piano, guitar, accordion, muted trumpet, with a little bagpipe and hurdy-gurdy thrown in for color.

The Galician chanteuse has been knocking around for over 20 years, and she knows her way around a song. She keeps things playful and full of delightful surprises. Each track here is a little gem. “Unha noite na eira do trigo” is a loopy waltz with a hint of cabaret and tasteful touches of theremin. “Alalá de Muxia” has the tender restraint of a lullaby, with vocals that go barely above a whisper and gentle piano, cello, and soprano sax. “A lira” is a traditional song from the Azores with a simple, almost child-like melody. It starts out quietly with just a little piano, and then builds to a big sing-along with a full chorus, bagpipe, and a Tom Waits sound-alike on harmony vocals.

The packaging is as beautiful as the music, with some gorgeous and inspired seashore photography by Quim Farinha. Rarely are the aural and the visual so charmingly paired. You’ll want to dig your toes into this one like warm sand. - Peggy Latkovich

CD available from cdRoots

Read more about Uxia’s past recordings in RootsWorld

http://rootsworld-news.blogspot.com/

A estrea mundial do videoclip A Lira tivo lugar en Play-doc, Festival Internacional de Documentais

Xoves, Marzo 26th, 2009

Uxía interpretou algúns dos temas do seu último disco, acompañada polas evocadoras imaxes que o realizador Mario Iglesias creou para este tema

O videoclip A Lira de Uxía presentouse en estrea mundial no Play-doc, Festival Internacional de Documentais. As evocadoras imaxes creadas polo realizador Mario Iglesias para este tema do seu último disco, acompañaron á voz de Uxía durante a actuación que ofreceu durante a gala de entrega de premios do festival.

Uxía e Mario Iglesias presentaron o videoclip dando paso as imaxes que, a través do fío conductor do xogo da oca, mergullaron ao público no mundo de A Lira. A forza das imaxes, que con gran sensibilidade engarzou o director galego, a seductora voz de Uxía e o contrapunto que engade a voz grave e profunda de Zeca Medeiros, conseguen unha misteriosa composición que altera todos os sentidos.

A Lira é un canto tradicional das Illas Açores que popularizou Adriano Correia de Oliviera, para a gravación, Uxía contou cun coro de luxo afro-galego-portugués para unha revisión íntima e ao tempo épica desta fermosa peza.

Despois da proxección, Uxía, acompañada polo produtor e arranxista Paulo Borges, ofreceunos en directo algunhas das súas últimas composicións. Para a interpretación de A Lira, que pechou o concerto, o son da gaita galega regalounos unha nova e exquisita versión en ausencia de Zeca Medeiros. A excepcional interpretación de Uxía emocionou ao público e puxo fin as actuacións musicais da quinta edición de Play-doc.

Mario Iglesias
Director e realizador galego, Licenciado en Belas Artes pola Falcultade de Pontevedra, traballa no entorno audiovisual desde principios dos anos 90. Na década seguinte arranca a súa proxección a través de producións propias que lle valen numerosos galardóns. A súa traxectoria despegou a partir do 2002 ao gañar o Certame Internacional de Cine Comprimido Notodofilmfest, galardón que abriu a senda dos máis de vinte premios que actualmente compoñen o seu palmarés.
Ademais dos documentais e longametraxes como De bares, Relatos, Cartas Italianas, Catalina e La estación violenta, Mario Iglesias ten dirixido máis de dez curtametraxes, entre os que destacan títulos como Madres, La boda, Nais, Intensidade ou Corten

www.play-doc.com

Uxía, presenta o seu disco Eterno Navegar no Festival de Cançó BarnaSants cunha actuación na Sala Luz de Gas

Mércores, Marzo 18th, 2009

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2009

No marco do Festival de Cançó “BarnaSants 2009”, Uxía ofrecerá mañá 19 de marzo, ás 21.30 h, un concerto na Sala Luz de Gas de Barcelona. O Festival de Cancó BarnaSants celebra a súa 14ª Edición do 15 ao 22 de marzo, a canción de autor enche un ano máis de música Barcelona e outras localidades do seu entorno cunha variada mostra de pesonalidades e sensibilidades deste xénero.

Uxía, acompañada polo productor e arranxista Paulo Borges, e pola súa excelente banda, ofrécenos unha emocionante viaxe pola música dos territorios da fala lusófona a través dos temas do seu último disco, Eterno Navegar. Unha experiencia única na que o fado o alalá e a morna fúndense para crear unha nova sonoridade atlántica.

Banda

Paulo Borges |Açores| piano e dirección musical

Quiné |Portugal| batería e percusións

Xacobe Martinez | Galiza| contrabaixo

Santi Cribeiro |Galiza| acordeón

www.luzdegas.com

Uxía conquistou ao público de Arzúa cun emocionante concerto no Campo da Feira na celebración 34ª da Festa do Queixo

Martes, Marzo 17th, 2009

A fin de semana de celebración da Festa do Queixo de Arzúa 2009, na que o número de asistentes superou toda as previsións, rematou cunha xornada caracterizada pola boa música, gastronomía e unha ampla programación cultural coa que se identifica esta cita.
Na xornada do domingo, ás sete da tarde tivo o concerto de Uxía, que, acompañada ao completo pola súa magnífica banda, ofreceu en Arzúa un repertorio baseado nos temas de Eterno Navegar e deleitou ao público con cancións como Rumores de Falúas, tema co que gañou o Premio da Música 2009, Danza Ritual ou As Nosas Cores.
Foi un concerto emocionante, no que o público bailou aos ritmos do Atlántico que tivo como colofón cando a artista deu paso aos seguintes convidados da noite e interpretou xunto a Vaamonde, Lamas e Romero o seu tema A Lira, un momento irrepetible que o numeroso público pode gardar na súa memoria para sempre.

Vetusta Morla, Le Punk, o “Queixo Maquetón” e Vaamonde, Lamas e Romero compartirán escenario con Uxía na Festa do Queixo. Arzúa 09

Martes, Marzo 10th, 2009

FESTA DO QUEIXO. ARZÚA 13-15 MARZO 09: PROGRAMA MUSICAL

Despois de coñecerse a noticia de ser Premio da Música 2009 co tema Rumores de Falúas, e acompañada pola súa excelente banda, Uxía presentará Eterno Navegar no Festival do Queixo de Arzúa, o domingo 15 de marzo ás 19h.

Vetusta Morla, premio da Música 2009 en tres categorías diferentes, ofrecerá seu concerto exclusivo en Arzúa antes de arrancar a súa xira por todo o estado. Unha oportunidade excepcional para poder gozar do directo desta banda revelación que conta xa con numerosos premios, como Album debut, Un día en el mundo, Mellor Disco Español do ano, Mellor Proposta Musical de TVE Miradas2, Ojo Crítico de Música Moderna de RNE ou, Grupo Revelación Nacional de EP3
Le Punk, presentará en Arzúa, e, por primeira vez en Galicia, o seu novo álbum Mátame, un explosivo cóctel que mestura sons que van do tango ao blues, pasando polo folclore balcánico. co que se teñen situado na lista AFIVE dos discos máis vendidos.
O 1º Concuso de Maquetas Queixo Maquetón, un proxecto sólido e estable a procura de novas formacións musicais. O concurso de maquetas céntrase nas modalidades de pop rock e novas tendencias, convocando a formacións de todo o estado A actuación dos tres grupos finalistas será o 14 de marzo ás 18.00h e a final retransmitirase en directo pola Radio Galega Música. O cartel musical do sábado rematará de madrugada co gañador que se elixa ao longo da tarde, a actuación está prevista para a 1.30h
A nota de cor poráa a Fanfare catalana Always Drinking Marching Band, que pisarán tamén terras galegas por primeira vez para presentarnos “La Calle es Nuestra”. Un repertorio actual xunto a súa imaxe transgresora repleta de bailes, coreografías, gags cómico-teatrais e unha gran interacción co público, mudan calquera espazo, praza ou rúa nun concerto de Rock’n’Roll que non deixa indiferente a ninguén.
A actuación de Vaamonde, Lamas e Romero será a encargada de fechar o cartel. Achegarannos a súa particular visión da música popular cun repertorio fresco e desprexuizado, aderezado cunha boa dose de humor e que vén de cristalizar no seu recentemente editado Vellas Artes (Falcatruada 2008).

+info: www.concellodearzua.org

Descargar dossier de prensa

  • Dossier en Galego
  • Dossier en Castelán
  • Dossier en Inglés
  • Fotos en alta resolución
    (Zip. 25M)

  • Estas a ver o arquivo de Uxía do día Marzo, 2009.

  • Arquivo