Uxía, gañadora dos Premios da Música 2009 co tema Rumores de Falúas
Xoves, Febreiro 26th, 2009Uxía obtivo o premio á Mellor Canción en Lingua Galega na XIII edición dos Premios da Música. A Academia de las Artes y de las Ciencias de la Música, organizadora dos premios, deu a coñecer hoxe os nomes dos gañadores nun acto realizado na sala Taboó de Madrid. As compoñentes do grupo Dover foron as encargadas de comunicar os gañadores de 2009, que recibirán os premios na cerimonia de entrega que terá lugar o vindeiro 12 de marzo no Palacio de Congresos Manuel Rojas de Badaxoz.
Uxía acadou o Premio á Mellor Canción en Galego con Rumores de Falúas, unha balada con letra de Uxía e música do novo compositor galego, Hector Lorenzo, que nos remite a aqueles primeiros amores de verán na praia.
Rumores de Falúas pertence ao último álbum de Uxía, Eterno Navegar, un disco que ten recibido unha excepcional acollida por parte do público e dos medios de comunicación, a crítica especializada sitúao entre as gravacións máis emocionantes e exquisitas deste ano.
Rumores de Falúas
Uxía: letra
Héctor Lorenzo: música
Paulo Borges: piano
Marco Santos: batería
Mássimo Cavalli: contrabaixo
Davide Zaccaría: cello
Mário Delgado: dobro
http://www.uxia.net/temas/rumores-de-faluas.html
http://www.premiosdelamusica.com/home/index.php