español | english

Archive for Agosto, 2008

Uxía actuará en Allariz o venres 29 no concerto da semifinal de folk do certame Nsaio no Camiño

Martes, Agosto 26th, 2008

A vila de Allariz acollerá o venres, día 29, o concerto das semifinais do certame musical Nsaio no Camiño 2008 na súa categoría de folk. O concerto terá lugar, a partir das 21,30 horas. Nos distintos concertos, os grupos noveis estarán acompañados por bandas e solistas xa consagrados. Nesta ocasión a cantora Uxía será a encargada de pechar as actuacións e presentará na vila ourensá o seu último disco Eterno Navegar, acompañada da súa banda: Paulo Borges, piano e dirección musical; Quiné, batería e percusións; Xacobe Martinez, contrabaixo e Santi Cribeiro, acordeón
Este certame busca pór en valor o Camiño de Santiago en todas as súas vías ao tempo que promove a creación musical. Os tres semifinalistas que acompañarán a Uxía e competirán por unha praza na gran final son Tátara Trío, a Banda Folk de Ribas do Sil e Loba Loo
Ademais de Uxía, Deluxe, Lamatumbá,Boikot, The Go Team e Los Lobos son os grupos que acompañarán nos conciertos aos 15 grupos seleccionados dentro do concurso. Á segunda edición de Nsaio no Camiño presentáronse preto de 150 traballos, dos que foron seleccionados tres grupos ou solistas por cada unha das cinco categorías musicais convocadas (pop, rock, folk, novas tendencias e mestizaxe)
Unha vez clasificado un semifinalista por cada categoría, a gran final desenvolveranse en Lugo na primeira quincena de setembro. Dos cinco finalistas, un xurado especializado escollerá ao gañador definitivo de Nsaio no Camiño 2008. O premio será a gravación dun disco nun dos mellores estudos de gravación de España e a sinatura dun contrato cunha discográfica de nivel estatal e máis un contrato de management. O traballo discográfico será distribuído ademais e promocionado no Estado por unha das entidades musicais máis importantes da península.
Nsaio no Camiño, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade en colaboración coa Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, ten coma obxectivo difundir a cultura musical galega e dar a coñecer a grupos noveis de Galiza.
+info www.nsaio.net/www.nsaio.org

Descargar dossier de prensa

  • Dossier en Galego
  • Dossier en Castelán
  • Dossier en Inglés
  • Fotos en alta resolución
    (Zip. 25M)

  • Estas a ver o arquivo de Uxía do día Agosto, 2008.

  • Arquivo