español | english

Archive for Marzo, 2008

Eterno Navegar en concerto

Sábado, Marzo 22nd, 2008

Presentación en concerto no ciclo SONS DA DIVERSIDADE.
Compostela, 15 de marzo de 2008
tito-manecas-quim-uxiaweb.jpgUxía estreou o disco Eterno navegar coa súa presentación en concerto na noite do 15 de marzo en Santiago de Compostela. Durante esta posta de largo, a artista compartiu escenario con Tito Paris como convidado especial. Uxía interpretou os temas do novo disco e outros de traballos anteriores, finalizando logo de sair por dúas veces a interpretar tres bises a petición do público e agasallar como peche cantando o último tema da noite a capela.

O seu coidado espectáculo incorporou unha excelente banda que reproduciu a sonoridade atlántica que impregna o disco. Coa dirección musical a cargo do pianista Paulo Borges, tamén coprodutor de Eterno Navegar. O concerto de presentación foi un percorrido polo repertorio do novo traballo discográfico e a un tempo unha retrospectiva selectiva daquelas pezas máis representativas da súa traxectoria.

Banda base: Paulo Borges | piano e dirección musical; Quiné | batería e percusións; Xacobe Martinez | contrabaixo; Santi Cribeiro | acordeón Convidados TITO PARIS | Cabo Verde | voz e guitarra; MANECAS COSTA | Guinea Bissau | voz e guitarra; JON LUZ | Cabo Verde | voz e cavaquinho; RUBEN SANTOS | Portugal |trombón; PULPIÑO VIASCÓN | Galicia | serrucho; QUIM FARINHA | Galicia | violín; ANXO PINTOS | Galicia | zanfona

Convocatoria de prensa

Mércores, Marzo 12th, 2008

presentacion-disco.jpgMércores 12 de Marzo ás 12.30 h. Auditorio de Galicia. Avenida Burgo das Nacións, s/n
Uxía preséntanos o seu novo disco, Eterno navegar. Un traballo no que a música non é a única protagonista, a poesía, a fotografía e outras linguaxes de expresión artística deixan tamén a súa pegada sonora e visual neste proxecto.
O seu novo e coidado espectáculo poderémolo gozar en primicia o próximo 15 de marzo, dentro do ciclo Sons da Diversidade. Unha ocasión especial na que Uxía estrea a súa nova banda, coa que nos traslada aos ambientes atlánticos que caracterizan este disco.

Ademais da artista interviron:
Nestor Rego: Concelleiro de Cultura do Concello de Santiago
Paulo Rodríguez: Director do Auditorio de Galicia
Paulo Borges: Compositor, coprodutor e arranxista de Eterno Navegar
Quim Farinha: Músico, creativo e artífice das fotografías de Eterno Navegar

Fotos rolda de prensa (.zip, 2,1 Mb)

Descargar dossier de prensa

  • Dossier en Galego
  • Dossier en Castelán
  • Dossier en Inglés
  • Fotos en alta resolución
    (Zip. 25M)

  • Estas a ver o arquivo de Uxía do día Marzo, 2008.

  • Arquivo