Uxía’s Article about Fran Pérez, NARF

Artículo de Uxía en La Voz de Galicia, “Narf, alma xemelga e viaxeira”:

O Fran Pérez, Narf, foise coa lúa grande. O baleiro que deixa en min e nos milleiros de persoas que o quixeron e amaron é inmenso, mais non debemos caer na tentación só do lamento e dos golpes no peito porque el é dunha tribo que acredita no futuro e deixounos o exemplo de como debemos ser valentes e deixar a pel por e para a música no escenario, na estrada, nos camiños intrincados da arte. Aínda que, como ben dicía, quen sabe cantar a tristeza, sabe captar a esencia da alegría. A música foi para el un impulso tan irremediábel e primitivo como a propia vida e iso guiouno sempre. Teño aprendido moito do meu compañeiro, abofé: a entrega, a empatía, a autoesixencia, a xenerosidade sen límites, a serenidade para afrontar os problemas, o humor en momentos complicados, a calma no medio do vendaval… 

Articulo completo aquí:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2016/11/20/span-langglnarf-alma-xemelga-viaxeiraspan/0003_201611G20P40993.htm

 

2016 © UXÍA - Damadriña Producións